A Orquestra de Jazz de Galicia reúne a algúns dos máis importantes músicos da escena galega actual no eido do jazz, a música sinfónica e a música tradicional co cometido de explorar o diálogo posible entre a música tradicional de Galicia e a música improvisada contemporánea. A súa música transita entre a sofisticación do arranxo e a tímbrica orquestral e a beleza núa e desprovista de artificio dunhas melodías que reflicten a profundidade da música tradicional do noroeste peninsular a partir de diversos traballos de campo.

O primeiro disco da Orquestra de Jazz de Galicia foi gravado ao vivo os días 17 e 18 de xaneiro do 2015 no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) baixo a dirección técnica de Pablo Barreiro e o servizo de produción do Arquivo Sonoro da Radio Galega. Podes mercalo facendo click no botón de abaixo, pedindo información ó noso mail.